MENÚ PÁGINAS

lunes, 16 de marzo de 2020

NA CASA TAMÉN TRABALLO!!!




Bos dias familias de 1º!!!😀


Dada a situación que temos os próximos días, intentaremos desde este medio que se faga o mais levadeira posible.Polo ben de todos será preciso seguir unha rutina de traballo, que na medida do posible siga os horarios habituais.


  • Tódolos días comezarán coa lectura do libro "Historias de papel", e farán as actividades, hasta rematar o libro (que xa queda pouco). Os nenos que non levaran o libro, non pasa nada!!! Seguro que na casa tedes libros ou contos cos que poden ler.

  • Tamén podedes traballar con eles sumas e restas e problemas sinxelos.
  • Pedímosvos tamén que NON empecedes a traballar nos libros do terceiro trimestre. Esperamos facelo nós á volta..... Aínda que a titora de 1ºB dixera no seu momento que os seus alumnos podían empezar co terceiro trimestre, tras falalo chegamos ao acordo de que o fagan connosco á volta, para seguir coa coordinacion habitual entre os primeiros.

  • Iremos subindo traballo e fichas de repaso de tódalas materias, e se investigades polo bloggue, veredes que a dereita  tedes varios bloggues con actividades interactivas. 
  • Comentarvos tamén que existen varias plataformas e aplicacións que podedes utilizar durante estes dias. Por exemplo 

EDUCLAN:

A partir de hoxe luns 16 de marzo, Clan lanza esta inicativa agrupando contido para tres grupos de idades diferentes:
     Educlan 3 a 5 anos
     Educlan 6 a 8 anos
     Educlan 9 a 10 anos
Atoparedes vídeos sobre as principais áreas curriculares : Naturais, Sociais, Lengua e Matemáticas, Artistica, Idiomas, Educación Fisica, Tecnoloxía ou Convivencia. 
Esta nova canle espera contar con máis de 200 videos nos próximos días.



                                                      😘😘😘